Domingo, 18 Noviembre 2018

Proyecciones Cine en Pontevedra

O lado escuro do carbón, as voces silenciadas

0 votos
O lado escuro do carbón, as voces silenciadas
O lado escuro do carbón, as voces silenciadas

Biblioteca Pública Antonio Odriozola

C/ Alfonso XIII, 3 36001 - Pontevedra

Teléfono: 986 850 838
Web oficial
9 de Noviembre de 2018
Horario: 19:45

"Hai que seguir a loitar, se non queremos morrer ou se non queremos que nos maten. E para deixar un futuro para os nosos fillos e que sexa unha alternativa ao carbón e ás térmicas", José Luís García, activista antitérmica de Asturias. Esta é só unha das testemuñas recolleitas no documental "O lado escuro do carbón, as voces silenciadas" que se proxectará este venres 9 en Pontevedra.


Fábrica de cambio climático e de numerosos impactos ambientais, sociais e na saúde, o carbón deixa un escuro rastro tras de si. Para documentar as consecuencias da súa queima e produción, un equipo de xornalistas e documentalistas percorreu diversos puntos da xeografía carboeira de España. Como resultado desta viaxe nace o documental "O lado escuro do carbón", protagonizado por quen sufriron e sofren acotío as consecuencias de convivir cun combustíbel fósil que envelena o planeta e os seus habitantes.


Neste documental descubrimos o lado máis oculto do carbón da man de médicos, exmineiros, activistas e asociacións veciñais de zonas con centrais térmicas de carbón e zonas de extracción. Estas voces, case que sempre ignoradas, son as protagonistas deste emotivo relato enchido de dificultades mais tamén de esperanza.


A plataforma Galicia, un futuro sen carbón organiza a proxección do documental cun coloquio para poder coñecer de primeira man "O lado escuro do carbón".
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados

Ciclo de cine: Voces rotas. Otoño - Verano 1993

Proyecciones Cine

Ciclo de cine: Voces rotas. Otoño - Verano 1993

Lugar: Centro Social Afundación - Pontevedra

Fecha: 27 de Noviembre de 2018

Mustang Deniz Gamze Ergüven, Francia, [leer +]
Ciclo de cine: Voces rotas. Otoño - Mustang

Proyecciones Cine

Ciclo de cine: Voces rotas. Otoño - Mustang

Lugar: Centro Social Afundación - Pontevedra

Fecha: 20 de Noviembre de 2018

Mustang Deniz Gamze Ergüven, Francia, [leer +]

Concurso

Encuentra los eventos de