Martes, 18 Septiembre 2018

Proyecciones Cine en Pontevedra

Angrois no Esquecemento

0 votos
Angrois no Esquecemento
Angrois no Esquecemento

Casa das Campás

Rúa Don Filiberto, 9 36002 - Pontevedra

Web oficial
16 de Abril de 2015
Gratuito
Horario: 20:00

Proxección do filme documental "Angrois no Esquecemento", realizado por Lentes Diverxentes, un colectivo audiovisual independente e sen ánimo de lucro.

Máis dun ano despois da traxedia do Alvia 04155 en Angrois, as vivencias persoais e as interro-gantes sobre por que descarrilou o tren aquel 24 de xullo seguen no pensamento dos que lles tocou estar alí.

Vítimas, familiares, profesionais dos servizos de urxencia e persoas anónimas que colaboraron no rescate son a única voz deste documental de testemuñas. Intentan ir superando aquela data, recordando aos seus, mentres acusan ás institucións de facer todo o posible para deixar Angrois no esquecemento sen esclarecer a verdade.

O acto consistirá na proxección do documental e un posterior coloquio entre os asistentes e os membros do Colectivo Audiovisual Lentes Diverxentes, que realizou a película.

Entrada de balde ata completar cabida. +info. en www.angroisnoesquecemento.com
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Concurso

Encuentra los eventos de