Miércoles, 20 Marzo 2019

Rutas y Excursiones en Pontevedra

Visitas guiadas á exposición Sileno. Humor gráfico e política

0 votos
Visitas guiadas á exposición Sileno. Humor gráfico e política
Visitas guiadas á exposición Sileno. Humor gráfico e política

Museo de Pontevedra

Pasantería, 2-12 36002 - Pontevedra

Teléfono: 986 85 14 55
Web oficial
12 de Enero de 2019
Horario: 18:00

Visitas guiadas á exposición "Sileno. Humor gráfico e política", dedicada á figura de Pedro Antonio Villahermosa e Borao (Zaragoza, 1868 – Madrid, 1945), coñecido polo pseudónimo de Sileno, un dos principais mestres do humor gráfico español do primeiro terzo do século XX, especialmente destacado no ámbito da caricatura política no que representan desde a súa posición conservadora os acontecementos do seu tempo.

Nesta exposición dedicada á súa figura e á súa importante traxectoria gráfica exhíbese, por primeira vez, unha ampla selección de materiais inéditos orixinais das súas ilustracións para Heraldo de Madrid e outras publicacións, debuxos, pinturas, documentos, libros, revistas, tarxetas postais e fotografías, pertencentes á colección persoal do artista que, por doazón do seu xenro, o pontevedrés Santiago Losada Amor, custodia o Museo de Pontevedra.

Nesta mostra, programada en colaboración co Museo ABC, intégranse tamén máis dun centenar de viñetas aparecidas na revista Blanco y Negro, no diario ABC e no seu suplemento Gedeón. Entre elas, destacadas cun tratamento diferenciado, un sobresaliente conxunto de sátiras sobre os principais acontecementos que marcaron o desenvolvemento da Gran Guerra (1914-1918), obras do mellor momento gráfico do autor, que formaron parte da exposición Sileno. Tambores en la batalla. Crónica ilustrada de la I Guerra Mundial celebrada en 2016 na sede do museo madrileño.

A mostra está comisariada por Mª Ángeles Tilve Jar, conservadora do Museo de Pontevedra, e Víctor Zarza, comisario da exposición "Sileno. Tambores en la batalla".

Visitas guiadas ós sábados, a partir do 29 decembro, ás 18:00 h.

Non é necesaría inscrición previa.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
Encuentra los eventos de