Sábado, 22 Febrero 2020

Rutas y Excursiones en Pontevedra

Pena Corneira

0 votos
Pena Corneira
Pena Corneira

Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia

Calle Brasil, 46 36204 - Vigo

Web oficial
19 de Enero de 2020
Horario: 08:00

Iniciamos a nova tempada sendeirista cunha ruta pola Serra de Pena Corneira. Unha serra cualificada como Monumento Natural dende decembro de 2007. A súa extension, de case 1.000 hectáreas, convírtea no maior parque deste tipo en Galicia.
Esténdese polos municipios de Carballeda de Avia, Leiro e Avión, dentro da comarca do Ribeiro. Tratándose dunha prolongación da Serra do Suído, entre as concas do Miño e o Avia. Forma parte, xunto coa Serra da Faladoira, O Faro de Avión e os Montes do Testeiro, da "Dorsal Galega", un eixo montañoso que serve de fronteira natural entre as provincias de Ourense e Pontevedra.
Iniciaremos a xornada en Leiro. Polo Camiño Real chegaremos a Lebosende,"Balcón do Ribeiro", coa súa igrexa de San Miguel. Continuando camiño chegaremos a Paredes, cuxa área etnográfica, Regato do Foxo, está formada por 6 muíños e 30 hórreos. Seguiremos camiñando, a través dun frondoso bosque de carballos e castiñeiros, ata o mirador de Outeiral ou de Pena Corneira.
Ao longo do noso camiño iremos topando con máis e máis bolos graníticos formados, hai máis de 300 millóns de anos, ao solidificar o magma no interior da terra.
Despois de recrear os nosos ollos coas vistas que se nos ofrecen dende o mirador retomaremos a ruta para acceder a Pena Corneira, pasando antes pola área recreativa e a igrexa de Stª Mª de Lamas. Pena Corneira (674m) é fácilmente distinguible dende a distancia grazas a un penedo alongado e vertical que lle dá nome. Un corno de dez metros de altura que se alza sobre outras grandes rochas. Algúns cren ver nel a silueta dun unicornio e outros o "menhir"do Ribeiro .
A baixada, de novo rodeados de "bolos" graníticos agazapados entre o frondoso bosque de carballos e castiñeiros, conduciranos, despois de pasar por Abelenda das Penas e a área recreativa dos muíños de A Veronza, ao final da nosa ruta, en Carballeda de Avia.
Unha ruta duns 20 km, apta para todos e magnífica para pasar un agradable domingo de camiñada.
¡Anotádevos!


ATENCIÓN: INDICAR NO FACEBOOK QUE VAS NON GARANTE TER PRAZA. INSCRÍBETE CHAMANDO O CLUB.
*HORARIO APROXIMADO DA ACTIVIDADE, CONFIRMADE CHAMANDO O CLUB*
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Sorteo

Para celebrar la llegada a Vigo del espectáculo 'Los Futbolísimos, el Musical', en Faro de Vigo sorteamos 10 libros del nuevo número de la conocida colección de literatura infantil, creada por Roberto Santiago: 'El misterio de las botas mágicas'

Encuentra los eventos de