Domingo, 18 Noviembre 2018

Teatro en Pontevedra

Novos formatos

0 votos
Novos formatos
Novos formatos

Sala Ingrávida

Calle Pérez Leirós, s/n 36400 - O Porriño

Teléfono: 986 331 622
Web oficial
del 9 al 10 de Noviembre de 2018
7€ anticipada || 8€ billeteira
Horario: 21:30

Novos formatos é un ciclo de performances curtas que desenvolvemos nunha fin de semana, catro artistas convidadas a traernos os seus últimos traballos en dous días.

O venres 9, Julio Fernández porá en escena “Latitude 41°56’6.83”N / Lonxitude 6°31’44.49”O”, título que sitúa unha acción premeditadamente sen espectadores feita o 9 de xuño na fronteira luso-extremeña, falará da importancia de seren invisíbeis nun mundo controlado pola imaxe ao tempo que moe os grans de café da súa infancia que quedaran por moer. Música de Roberto Gª. de Mesa.

Barbarie en branco e negro” unha peza, creada e dirixida por Esther F. Carrodeguas e interpretada por Josi Lage, arredor dos prexuízos e pensamentos incontrolables que agochan as persoas baixo unha aparencia de normalidade.

Para o sábado 10 temos “Amor”, de Helen Bertels, propón o inicio dunha busca arredor da esencia da muller, do seu saber oculto baixo séculos de patriarcado.

O punto de partida da creación de Lina, “Deixa de tocala, Sam”, ten lugar nos nosos días, nun tempo en que “os referentes se esnaquizan contra o chan, nun golpe seco, e os varredores de lixo recollen o lixo nas bolsas de lixo”.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Concurso

Encuentra los eventos de