Lunes, 24 Junio 2019

Teatro en Pontevedra

Salvador de Borja

0 votos
Salvador de Borja
Salvador de Borja

Sala Ingrávida

Calle Pérez Leirós, s/n 36400 - O Porriño

Teléfono: 986 331 622
Web oficial
12 de Enero de 2019
Dende 7 €

SALVADOR está a metade de camiño entre o documental e a ficción teatral, con especial énfasis na combinación de texto, movemento, música en directo, e novas tecnoloxías.

Un proxecto escénico da Cía. Borja Fernández para un actor/músico e unha video jockey/manipuladora de obxectos, sobre os movementos migratorios, as desaparicións e os encontros. Céntrase na figura dos avós, concretamente nos avós galegos emigrados a mediados do século pasado a Suramérica, e específicamente na misteriosa figura de Benito Fernandes Meirinho, e no seu o impacto na historia recente, na configuración das comunidades, familias e individuos contemporáneos.

SALVADOR é o nome da capital de Bahía, en Brasil. Por alí e por todo o estado emigraron moitísimos galegos nos anos 50 (o último éxodo galego a América), sobre todo do sur de Galicia, a maioria deles homes e de cinco aldeas da provincia de Ourense: Ríos, Laza, Pazos, Medeiros e Refogos.

De Pazos, Verín, era Benito Fernández Meiriño, o avó paterno de Borja Fernández; emigrou a Brasil o 5 de decembro de 1959 e desapareceu, ou fíxose desaparecer.

Atopárono 18 anos despois, xunto a "miss garota do verão sulbahiano 1977" na localidade costeira de Ilhéus, 400 km ao sur de Salvador de Bahía.

Benito demorou 10 anos en escribir dúas cartas, en 1987, unha pedindo perdón pola súa fuxida, e outra dicindo que na seguinte carta explicaría "la verdad cruda y desnuda de los hechos que me llevaron a dejarlos". Esa carta nunca chegou e Benito faleceu en 2004; nunca regresou. El é o noso protagonista. O que pon a historia en movemento.

O detonante
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
Encuentra los eventos de