Viernes, 23 Agosto 2019

Teatro en Pontevedra

Guyi-Guyi

0 votos
Guyi-Guyi
Guyi-Guyi

Centro Social Afundación

Calle de Augusto González Besada, 2 360001 - Pontevedra

Teléfono: 986 100 469
Web oficial
del 23 al 26 de Abril de 2019
Horario: Dúas funcións diarias, ás 10.00 e ás 12.00 h.

A proposta de teatro de monicreques Guyi-Guyi será levada á escena no
Auditorio da Sede Afundación de Pontevedra (Augusto González Besada, 2) da man de Afundación, a Obra Social de ABANCA, e a súa programación de actividades para escolares. As representacións serán os días 23, 24, 25 e 26 de abril con dúas funcións diarias, ás 10.00 e ás 12.00 h.
Máis de 3100 alumnas e alumnos de educación infantil de centros escolares de Pontevedra e arredores acudirán a ver esta produción da compañía Periferia Teatro de Títeres, gañadora do Premio ao Mellor Espectáculo de Títeres en FETEN 2010, Dracs D'Or ao Mellor Espectáculo Infantil e Mellor Interpretación na Fira de Titelles de Lleida 2010. Esta obra é unha adaptación libre do conto O parrulo feo, que traballa a busca da identidade, tan necesaria na sociedade globalizada. Conta a historia de Guyi-Giyi, un crocodilo que por azar foi nacer nunha familia de parrulos. Vive feliz con eles ata que un día topa cun crocodilo. Cando se decata de que os crocodilos comen parrulos, o noso protagonista pasará por diferentes dificultades para conseguir ser el mesmo.

EDUCACIÓN EN VALORES
Esta actividade enmárcase dentro do proxecto global de educación en valores de Afundación. Partindo da importancia da escola como centro de aprendizaxe, as propostas da Obra Social de ABANCA pretenden complementar o ensino académico, especialmente a instrución, presentando uns espazos e unhas actividades que conxuguen o lúdico e o formativo co fortalecemento de valores esenciais para unha sociedade cohesionada. Deste xeito, a entidade está comprometida coa tolerancia, co
respecto, coa solidariedade e, por suposto, coa adquisición por parte de cada estudante das ferramentas necesarias para perseverar na consecución da súa autonomía persoal.

A propostas da Área Educativa de Afundación, nas que participan anualmente preto de 115.000 escolares, abarcan múltiples disciplinas e fomentan o desenvolvemento de competencias transversais. Así, o seu programa inclúe actividades culturais en artes escénicas e plásticas e de fomento da lectura; actividades interxeracionais que reforzan o respecto e o intercambio de coñecementos entre mocidade e xente maior;
actividades de educación ambiental para abordar a importancia do respecto polo medio; actividades de novas tecnoloxías, necesarias para o emprego das ferramentas imprescindibles nunha contorna que innova de maneira permanente; e actividades de cociña que ensinan os beneficios dunha alimentación saudable.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados

Encuentra los eventos de