A defensa da cultura e da navegación tradicional galega perdeu nas derradeiras horas a un dos seus principais activos. A morte de Juan Manuel García Parada aos 61 anos está sendo un golpe moi duro para un colectivo que xa está artellando a maneira de homenaxear a súa figura de cara os vindeiros meses.

Parada foi un dos fundadores da Escola de Navegación Tradicional na Illa, o seu lugar vital. Destacou de sempre pola sua laboura en prol da formación e o recoñecemento do propio, do galego.

Boa persoa, gran conversador e patrón de patróns. Esas foron algunhas das expresións onte dos seus coñecidos e amigos tras coñecerse o seu pasamento por mor dun infarto. Un mariñeiro dos de verdade que sempre navegou sobre madeira.