O Concello de Redondela homenaxeou aos remeiros de categoría infantil do Club de Remo Chapela, campións de España 2020. A alcaldesa Digna Rivas e o concelleiro de Deportes, Nacho González, recibiron aos rapaces logo de proclamarse campións de España de bateis nos campionatos celebrados en augas de Moaña.

Os infantís do Club de Remo Chapela foran xa campións galegos, título que lles daba acceso directo aos campionatos de España nos que se proclamaron gañadores.

Nestas mesmas competicións, o club de Chapela asinou un extraordinario papel nas outras categorías co 4º e 5º posto que acadaban os equipos femininos xuvenil e cadete, respectivamente; o 4º posto do sénior feminino e a 6ª praza do xuvenil masculino. A estes éxitos engadíase tamén o Campionato Galego acadado polas remeiras da categoría alevín feminino.

Tanto a alcaldesa coma o concelleiro lamentaron que “ese recoñecemento que agora vos facemos, non se poida realizar este ano nun acto solemne como é a Gala do Deporte”, suspendida polas actual crise sanitaria “pero teredes ese recoñecemento público, merecidamente gañado, na Gala que desenvolveremos, se a evolución da pandemia así o permite, no verán do vindeiro 2021.