O Concello de Salvaterra de Miño está adherido á rede de Concellos Ágora polo Espazo Público, que pretende ser rede de acción institucional entre a Deputación de Pontevedra e os municipios da provincia para realizar políticas de recuperación do espazo público co obxectivo principal de multiplicar o espazo destinado ás persoas no horizonte de 2023.

Os dez principios dos Concellos Ágora son: O espazo público é un dereito, As persoas primeiro, mobilidade inclusiva, autonomía infantil, movilidades alternativas, espazos seguros, hábitat saudable, espazos amables e de calidade, actividade económica de proximidade e mobilidade sustentable. Para iso a Deputación de Pontevedra pon a disposición dos concellos persoal técnico especializado para orientar e asesorar no desenvolvemento dos obxectivos marcados.

O pincipio sexto “Espazos seguros” identifica a seguranza viaria como unha prioridade nos concellos, incentivando políticas de calmado de tráfico, a través da colocación de pasos peonís sobreelevados e da implantación de 30km/h como velocidade máxima no casco urbano, algo que xa contempla a propia Dirección Xeral de Tráfico e que entrará en vigor no próximo mes de maio. Desta maneira, os Concellos Ágora e adiántanse á normativa de tráfico que entrará en vigor nun par de meses.