O V Plan de Formación para o Emprego do Concello de Covelo inclúe catro cursos formativos que se impartirán este mes e en maio.

O curso de operador de carretillas elevadoras celebrarase desde hoxe ata o 14 de abril.

O curso de búsqueda activa de emprego estenderase do 26 ao 30 de abril e os interesados teñen ata o 16 de abril para anotarse.

O curso de informática e ofimática básica comezará o 3 de maio e durará ata o día 19. As inscricións poden completarse ata o 26 de abril.

Finalmente, o curso de lingua de signos (2º nivel) xa comezou e durará ata o 26 de maio.

Os catro cursos son gratuítos para as persoas empadroadas no Concello de Covelo e están dirixidos a facilitar a inserción laboral no mercado de traballo.

Posto de traballo

Por outra banda, o Concello de Covelo informa da convocatoria dun proceso selectivo para acceder a unha praza de vixiante municipal. Para optar ao posto é preciso estar en posesión do título de graduado en ESO ou equivalente.