Frear a avespa velutina

Coa finalidade de frear a expansión da avespa asiática, os concellos de Salvaterra e Arbo poñen a disposición da suá veciñanza gratuítamente métodos de trampeo. O Concello de Arbo reparte 50 trampas e 100 botes de cebo. Os interesados deben solicitalos nas oficinas municipais. O Concello de Salvaterra que este ano non imparte charlas formativas pola COVID-19, reparte 100 trampas e 200 doses de líquido atraínte a recoller na casa consistorial.