Con 22 medallas de ouro, 15 de prata e 10 de bronce, o Kick Boxing Club Arcade foi o equipo máis laureado do Campionato Galego, que tivo lugar o pasado mes de marzo en Ourense.

O encontro congregou a 282 participantes con idades comprendidas entre os 8 e os 40 anos, nas categorías masculina e feminina, pertencentes a 43 clubs das catro provincias galegas. Este campionato galego é clasificatorio para o de España, que se celebrará en Guadalaxara o próximo mes de maio, en contacto lixeiro, e en xullo para a especialidade de contacto pleno.