O club ciclista Pontebike Team de Ponteareas comezará a competir a nivel nacional. Creado no 2020, un ano despois fai equipo para competir nas categorías de Cadete masculino e feminino, Junior, Sub23, Élite e Máster.

Este club de nova creación nun municipio de profunda tradición ciclista competirá nas modalidades de Enduro, Descenso e Cross Country Olímpico.

O Pontebike Team da o salto á competición nacional grazas ao patrocinio de Porto Martínez SL, Sportskids, Biziebike e Cadacan e a administracións públicas como o Concello de Ponteareas, a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia.

O equipo arranca con 15 ciclistas nas distintas categorías e agarda seguir sumando membros. Ilusión e ganas non lles faltan para tratar de conseguir “primeiros postos”.