A quinta edición da Semana das Ciencias de Ponteareas aborda a estreita relación entre a Vida Verde e a Vida Azul na que participan centros educativos de Ponteareas desde o 12 ao 16 de abril.

Ponteareas non quixo renunciar á súa Semana das Ciencias e por primeira vez as actividades presencias pasan a ser en liña, aínda que manteñen apartado práctico.

O Museo da Ciencia mergullouse no fondos dos océanos e mares para achegarse ao coñecemento dos peixes de augas cálidas, das estrelas de mar, das esponxas, dos mamíferos con forma de peixes como as baleas, as focas ou os golfiños, pasando polo distintos estados da auga e adentrándose na importancia da protección do medio ambiente para evitar a contaminación ou o desxeo, sen esquecerse de coñecer a orixe de todo: as células animais e vexetais.

Jesús Fernández e Amparo Francos, do Museo da Ciencia, na videoconferencia ofertan experimentos e demostracións prácticas da teoría estudada, incluíndo probas empregadas en afamados programas de televisión.

Será do 12 ao 16 de abril, cando alumnado e profesorado poidan escoitar e conversar con expertas científicas do Campus do Mar da Universidade de Vigo.

O CIFP A Granxa impartirá o seminario para profesorado “Hortas Escolares” e o alumnado exporá os seus coñecementos no seu Congreso, cun apartado específico na páxina web da Semana das Ciencias.

No sitio web tamén se exporán os experimentos científicos que cada centro escolar realizará a través de vídeos didácticos que poderá ver todo o público.

A alcaldesa en funcións, Cristina Fernández, explica que esta actividade “afonda na importancia da investigación e insiste en achegar a ciencia á cidadanía”.