O público xa non se despistará de como vai o partido no pavillón de deportes da Cañiza. Agora conta con videomarcador.

A instalación desta pantalla deportiva, “Mondo Smart System modelo ANTARES” permite visionar en calidade LED os encontros disputados, resultados, informacións propias do Concello e das entidades deportivas e servizos publicitarios. Ademáis poderase utilizar como soporte audiovisual para cualquera outro evento non deportivo.

Para a adquisición e instalación desta pantalla Led “multideporte” o Concello aportou de fondos propios 5.800€euros e os restantes 20.000€euros do seu custe están subvencionados pola Xunta, a través dos convenios de colaboración suscritos pola Subdirección Xeral de Xestión deportiva 2021.

Trátase dunha pantalla led deportiva de 10 m2 de última xeneración de elevada luminosidade (3500 nits) e alto grao de protección IP cunhas dimensión de 4x2,5m e pitch 4.8 mm con tecnología led SMD, capaz de aportar un amplio ángulo de visión ( 140º horizontal e vertical). Ademáis o seu baixo consumo suporá un importante aforro enerxético.

“Esta instalación municipal necesitaba varias reformas e acondicionamentos por ser un dos centros deportivos onde máis clubs entrenan e xogan ademáis de ser a sede do Club Balonmán Cañiza: equipo de élite do noso Concello” explicou o alcalde cañicense, Luis Piña.

A instalación desta pantalla deportiva súmase á actuación inaugurada o pasado 26 de outubro pola presidenta da Deputación, Carmela Silva. A reforma integrada dunha das dúas zonas destinadas a vestiarios, duchas e aseos do pavillón Carballo do Marco. Unha obra subvencionada ao 100% polo Plan Concellos da Deputación 2020 cun investimento de 46.700 euros.

Estas dúas actuacións veranse completadas coa sinatura dun convenio coa Dirección Xeral de Administración Local da Xunta para a reparación do tellado do pavillón, para eliminar o filtrado de augas pluviais hacia a pista de xogo, solicitada polo goberno cañicense.

De feito, o pasado sábado, a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, estivo no pavillón cañicense convidada polo presidentedo Clube Balonmán Cañiza e avanzou que o Goberno galego aportará máis de 70.000 euros para reparar a cuberta do polideportivo, a reposición de lucernarios e baixantes.