Hai uns días, unha nena galega de tres anos deixou co cú ao aire, sen pretendelo, a Siri, a voz da intelixencia artificial de Apple. A pequena Moraima interpeloulle en galego, pero o aparato non entendía o que lle dicía. O vídeo fíxose viral e destapou as lagoas que amosan as novas tecnoloxías, neste caso mermando a difusión da lingua de Galicia. A competidora mais popular de Siri é Alexa, a asistente virtual de Amazon, e dende FARO tentamos comprobar a onde chega o entendemento desta altofalante intelixente co idioma de Castelao.