A. LEYENDA
O anuncio de que a triunfadora dos Premios Goya 2018, Isabel Coixet, vai comezar a rodar en Galicia a película sobre Elisa e Marcela trouxo de novo á actualidade a historia destas galegas pioneiras no matrimonio homosexual. O Festival de Cans aproveita a ocasión para introducir outra cuestión no debate: o do uso do galego no cinema.
Como molaría @CoixetIsabel facer en galego Elisa e Marcela! Imos a pedirllo todas e todos por aquí, para non seguir vendo os Goya tendo envexa de vascos e cataláns! https://t.co/jQUSQuSkw3
„ Festival de Cans (@festivaldecans) 09 febreiro 2018
Nun tuit no que se facía eco da proposta da actriz María Vázquez, nominada aos Goya no seu día pola súa participación en Mataharis de Icíar Bollaín, a conta oficial do festival porriñés anima á directora catalana a facer a súa nova cinta en galego, dado que as protagonistas son de aquí. Tamén chama a que os internautas apoien esta causa, "para non para non seguir vendo os Goya tendo envexa de vascos e cataláns".
Querida@CoixetIsabel por toda a admiración que che teño... Elisa e Marcela son Galegas... Por qué non atreverse a facela na sua lingua? Veña @NetflixES arriscade... en danés, escocés... sí, e en galego non? #ElisaEMarcela100/Galegas. #Feminismo #NormalizaciónLingüística #CineEnGa
„ María Vázquez (@mariavazquezact) 09 febreiro 2018
O chamamento chega despois dunha edición dos premios do cinema español de marcado carácter políglota. A cinta con máis galardóns foi Handia, gravada en éuscaro, e outra das gañadoras foi Estiu 1993, que utiliza o catalán. A propia La Librería, de Coixet, está feita en inglés.
Precisamente, foi no Festival de Cans de 2012 un dos primeiros foros públicos onde Coixet falou da súa intención de rodar a historia de Elisa e Marcela, dúas mulleres que a principios do século XX racharon con todas as convencións sociais para viviren o seu amor de forma plena.