Onte se coñecía o rival ao que se terá que enfrontar o CD Choco na loita polo ascenso á 2ª RFEF. A sorte quixo que o plantel choqueiro teña que viaxar a Coruña para enfrontarse ao UD Somozas, nun partido que se nada o impedía xogaríase este próximo domingo, día 30. Mais agora todo está no aire, e que como ao longo da tempada o Covid, chegou para estragar e alterar a vida e nesta ocasión no ía ser menos. E como é tamén tan inoportuno o fai nunha semana fundamental para os intereses choqueiros. Xusto acontece na semana do play-Off e, paradoxas da vida, contra o rival que pasou fai nada pola mesma situación.

 Todo comezaría o pasado venres cando un dos xogadores choqueiros tralo cribado realizado polo Sergas a todo o plantel polo positivo dun xogador do Silva, equipo ao que se enfrentaran 10 días antes. Cribado no que resultou o positivo choqueiro e como consecuencia o confinamento do mesmo durante 10 días. O futbolista atópase ben de saúde, “con 0 síntomas”, asegura o protagonista. De todas las maneiras estímase que esta fase sufrirá de novo un aprazamento debido a cuarentena choqueira que durará até o martes día 1 o que supón unha nova suma de días sen competir para o CD Choco e agora sen poder adestrar.