Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

gaxdaly ameijeiras ríos nnficha personal | Ilustradora

“Penso que o que distingue o meu estilo é a tristeza, todas as caras que pinto son tristes”

“Supoño que ten moito que ver co meu estado anímico cando as creo. As miñas pezas beben moito das miñas propias emocións”

WhatsApp Image 2022 01 08 at 17.57.18

Gaxdaly Ameijeiras Ríos é unha xoven estradense de 27 anos que comeza a facerse o seu oco no mundo da ilustración e a Arte en Galicia. Introvertida e sensible, Ameijeiras enche os seus lenzos de caras e corpos cheos de emocións, que conseguen traspasar a tea e tocar os corazóns de aqueles que se paran a ollar.

– Cando comezou a súa paixón polo debuxo?

–Pois eu diría que cando estaba no instituto Nº1, prestaba atención ás clases, pero non demasiada. Polo xeral, lembro que a miña imaxinación voaba a outros lares, e sen sequera darme de conta, comezaba a debuxar. De feito, unha mestra, Marisa Otero, colleume unha vez un deses debuxos e presentouno a un concurso en Pontevedra, no que finalmente tiven a sorte de acadar o segundo premio.

–Sempre soubeches que querías dedicarte a ilustrar?

–Sempre souben que desfrutaba pintando, pero non o tiña orientado laboralmente. Cando eu rematei a ESO, daquela non había bacharelato de artes no García Barros, como agora, polo que cursei o itinerario de ciencias, pensando que Arquitectura me ía proporcionar o mesmo bo sentimento que pintar. Ao final, despois de Selectividade, tomeime medio ano para reflexionar sobre que camiño seguir, e acabei en Pontevedra facendo Belas Artes.

–Como é gañarse a vida neste sector?

–Nada fácil, de feito eu non vivo disto. Teño algúns encargos, e encántame pintar e ilustrar, e ir sacando algún traballo, pero profesionalmente tamén me chama moito un comisariado de arte, ser a persoa que buscar artistas descoñecidos para montar exposicións. Neste momento traballo noutro sector, coa esperanza de aforrar o suficiente para costearme un máster que me axude a encamiñarme nesa dirección.

–Conta con algún referente que lle serva de inspiración?

–Gústanme Gairah Aka Praskovia e Beatriz Prados, ambas publican o seu traballo en Instagram. Son artistas con trastornos de personalidade. Paréceme moi interesante como reflexan o que senten debido a esa condición a través da súa arte. Eu mesma teño unha realidade similar, e penso que esta disciplina axuda moito a expresar emocións complexas, que non son fáciles de transmitir doutro xeito.

–Como describiría o seu estilo?

–É unha pregunta difícil. A xente que ve as miñas pezas, que soen ser retratos de mulleres, din que todas teñen algún rasgo meu, inda que eu non llo noto. Porén, hai algo que penso que si distingue o meu estilo, e ese algo é a tristeza. Todas as caras que pinto, sen facelo conscientemente, son tristes. Supoño que ten que ver co meu propio estado cando as creo. Digamos que o meu traballo bebe moito das miñas emocións. Quizais por iso me custa tanto vendelo, porque sinto que se vai unha parte de min. Ao fin e ao cabo, só podes pintar un cadro unha vez dese mesmo xeito.

–Prefire o método tradicional ou o formato dixital para confeccionar as súas pezas?

–O formato dixital axudou a axilizar e facilitar moitos dos procesos de ilustrar, como o simple feito de escanear e mandar a imprenta. Pero para min, a sensación de relaxación e concentración que me produce o método tradicional non se equipara á sensación de traballar cunha tablet. Penso que incluso o valor que lle dou aos traballos é maior cando sei que son únicos, e boto tantas horas pintando con óleo sobre lenzo.

–Que lle gustaría mellorar no ámbito local respecto á Arte?

–Sinto que o sector está un pouco estancado en A Estrada. Hai moita xente nova que se dedica a isto, en cambio non hai moita iniciativa, sexa por parte da Administración, ou por parte dos propios artistas, de colaborar e facer cousas. Gustaríame que se dinamizara máis a nosa localidade neste aspecto. De todos xeitos, un dos proxectos que teño entre mans é unha exposición organizada polo Concello, que se non lembro mal estará aberta ata febreiro, e contará con máis expoñentes.

Gaxdaly Ameijeiras ilustradora estradense Gaxdaly Ameijeiras ilustradora estradense

Compartir el artículo

stats