A falta de dixitalización de moitos sectores foi un problema que quedou patente coa chegada da COVID-19 e as limitacións de aforos e desplazamentos. No Concello de Lalín non quixeron prolongar máis esta situación, e puxeron en marcha un ambicioso proxecto a través dunha plataforma dixital coa que agrupan aos negocios locais, e ofrecen a posibilidade de que cada un deles xestione a sua propia tenda online dun xeito totalmente gratuíto. Esta plataforma é mercalalin.gal, dende a que o goberno municipal busca potenciar o comercio local axudándolles a aceder ao mundo online e ampliando o seu alcance territorial.

A través de mercalalin.gal, o goberno lalinense pon a disposición de todos os negocios locais unha oportunidade única de ampliar oportunidades de venda Cedida

Os pequenos negocios son os que dan vida a localidades como Lalín, pero loitar de xeito individual contra os grandes competidores internacionais do ecommerce non é tarefa doada, polo que este tipo de iniciativas son sempre benvidas. Poñer en marcha unha tenda a medida ten uns custos considerables, sobre todo se se pretende unha plataforma atractiva, funcional e de fácil navegación para o cliente. Outras opcións como Amazon supoñen o pago de importantes comisión por vendas. A través de mercalalin.gal, o goberno lalinense pon a disposición de todos os negocios locais unha oportunidade única de ampliar oportunidades de venda. Incentivación do comercio de proximidade, dixitalización dos negocios tradicionais, e mellora da competitividade do produto local, son os principais obxetivos desta web, unha plataforma de venda online que une ao pequeno comercio para así aportar unha proposta de valor única para o cliente: atención personalizada, ampla variedade e facilidade para mercar.

mercalalin.gal adáptase totalmente ás necesidades de cada negocio.

Os usuarios de mercalalin.gal destacan a flexibilidade da plataforma, posto que se adapta totalmente ás necesidades de cada negocio. Deste xeito, cada comercio elixe entre as distintas modalidades de configuración: poden simplemente contar cunha páxina web, empregala como un escaparate virtual dos seus produtos ou, o máis interesante, dispoñer dunha propia tenda online na que, ademáis, teñen a posibilidade de aceptar múltiples formas de pago (contrareembolso, pago en tenda, ou pago con tarxeta) e métodos de entrega (recollida en tenda, reparto local ou envío por correo). Deste xeito, o abano de potenciais usuarios da plataforma é moi amplo, e vai dende minoristas que busquen vender o seu produto ata profesionais que somentes queren ofrecer os seus servizos. A gratuidade para formar parte de mercalalin.gal para os emprendedores locais -o custe da plataforma foi asumido polo Concello de Lalín a través do programa Lalín Por Vir- fai que esta plataforma se convirta nun excelente recurso para ampliar as posibilidades de negocio. Así, os beneficios das vendas van parar íntegramente para aos comerciantes locais, posto que tampouco se está a cobrar ningún tipo de comisión polas transaccións, agás polas que se pechan a través de pago online. Neste caso aplícase un 1 % de cargo polo emprego da TPV virtual.

Soporte e asesoramento

Aínda que a oferta xa é considerable –na actualidade conta con máis de 100 establecementos e cun catálogo de preto de 4.000 produtos-, dende o Concello de Lalín convidan aos negocios locais que aínda non o fixeron, a que aproveiten unha oportunidade única e se sumen a esta iniciativa rexistrándose dentro da propia plataforma, dende a que se poñerán en contacto con eles para explicarlles o funcionamento da mesma. Trátase dun portal no que teñen cabida todo tipo de comercios –moda, alimentación, hostalería, servizos, xoierías, librerías, mobles e decoración, electrodomésticos…- e a creación e configuración da conta é un proceso moi sinxelo. Ademáis, no apartado de Preguntas Frecuentes están dispoñibles videos tutoriais con cada un dos pasos a seguir para poder optimizar o emprego da plataforma. Os comercios de mercalalin.gal contan en todo momento co soporte técnico para resolver calquera dúbida que teñan coa plataforma, ou para axudarlles a configurar a sua tenda ou catálogo. Para elo, están disponibles diversos medios para contactar, como un chat dentro da propia plataforma, o correo electrónico info@mercalalin.gal ou o teléfono 986 09 73 64.

mercalalin.gal nunha web de referencia do ecommerce actual Cedida

Pola súa banda, os negocios que xa forman parte deste proxecto, continúan traballando sobre a súa tenda online para mantela actualizada, posto que manter un catálogo ao día non supón demasiado esforzo unha vez se coñece o seu funcionamento. Os responsables do soporte técnico recordan que siguen estando á sua disposición para aclarar calquera dúbida ao respecto. A presenza online é importante, pero tamén o é que esa presenza sexa o máis optimizada posible, que chame a atención e transmita confianza ao usuario. En mercalalin.gal existen múltiples opcións para que o portal de cada comercio luza un aspecto profesional.

O que se está a procurar é converter mercalalin.gal nunha web de referencia do ecommerce actual, onde o usuario poida aceder a calquera produto, onde o cliente saiba que, busque o que busque, pode atopalo. Para elo, é preciso que os negocios rexistrados continúen aumentando o seu catálogo para ampliar a oferta dentro da plataforma.

Os usuarios de mercalalin.gal teñen a posibilidade de aceptar múltiples formas de pago Cedida

Experiencia do cliente

Un dos aspectos máis destacados do portal é a funcionalidade e comodidade para navegar. O usuario pode moverse a través de distintas categorías ou, se o prefire, facer uso do buscador para dar co produto ou a tenda que desexe. Na tenda de cada un dos establecementos aparecen indicadas as formas de pago aceptadas, o seu horario de atención, datos de contacto, logotipo, imaxes, así como as diferentes políticas e métodos de envío. Deste xeito, podemos facer a nosa compra dende calquera lugar e recoller o pedido na tenda sen perder máis tempo do necesario, escollendo o pago online ou pagando no propio establecemento, ou que nolo envíen a domicilio e pagar contrareembolso ou empregando a via telemática. Estas múltiples opcións dependerán das características elexidas por cada comerciante para o seu negocio.

A través das redes sociais Facebook e Instagram de Merca Lalín é posible estar ao tanto de todas as novidades e campañas postas en marcha dende a plataforma.

www.mercalalin.gal

https://www.facebook.com/mercalalin

https://www.instagram.com/mercalalin/