Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Pola educación integrativa

Rapazada ao rescate

Pola educación integrativa

Desta volta é o Premio Agustín Fernández Paz de narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade o que require a nosa atención e ocupa un espazo que se enche coa lembranza do noso querido Agustín polo que supuxo a súa presenza no panorama literario galego tanto a nivel persoal como de achega ás nosas Letras.

Nesta terceira edición o xurado decidiu por unanimidade premiar a obra titulada Plan de rescate de Antía Yáñez, autora xa coñecida por libros como O misterio de Portomarín, Senlleiras, A reconquista ou Be water, tamén merecentes de galardóns.

Un grupo de rapaces que acode á clase de apoio no CEIP O Hórreo amosa as súas capacidades ao enfrontarse a unha situación complicada como é o secuestro do Colexio. Ao desconcerto inicial séguelle a execución dun plan que, acabando ben, topa con algún que outro atranco que é solucionado grazas ao sentido e o entendemento que alguén lles nega aos mozos. Noela, en cadeira de rodas, toma o mando e os outros achegan cadansúas cualidades para acadar unha solución que se revela sorprendente.

Quizais o libro sexa ficción pero está claro que ten unha base real no tocante á aceptación do que non é igual, do que se comporta dunha forma diferente, do que non pensa da mesma maneuira, considerándoo mesmo unha ameaza cando en realidade a diversidade é unha riqueza, por iso libros/premios coma este son unha boa “excusa” para poñer de manifesto que a verdadeira inclusión é posible e que con ela gañamos todos. A educación integrativa, isto é, aquela que se ocupa dos dous hemisferios cerebrais, tanto o do intelecto como o da creatividade, do sistema límbico emocional e do cerebro reptiliano, o dos instintos, tería que estar presente non só nas aulas senón na vida cotiá como o reto dunha sociedade que quere considerarse xusta.

YÁÑEZ, Antía, Plan de rescate (Ils. Xiana Teimoy), Xerais, Vigo, 2020, PVP.12, 06 €

Pola educación integrativa

Pola educación integrativa

Compartir el artículo

stats