Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Pequeno best-seller

Con boas intencións

A historia de O señor Ibrahim e as flores do Corán acadou de certo un triplo éxito en Francia: nas táboas do teatro, na gran pantalla e, asemade, no eido da narrativa. E é que, en efecto, esta pequena novela deveu un best-seller pola súa popularidade, por tratarse dun texto usado no ensino e, desde logo, polo número de vendas e traducións. O seu autor, non obstante, vén resultar para moitos críticos en Francia un creador de historias que non deixan memoria pola calidade literaria. E é que o libro adoece, ao meu ver, de esquematismo nos personaxes, idealiza as relacións entre xudeus e musulmáns -coma outras obras de literatura xuvenil francesas-, narra con excesiva rapidez unha longa viaxe cara a Oriente Medio e xa nas dúas primeiras liñas conta que un neno de apenas once anos acode ás prostitutas. Estas, ademais, son encantadoras con el.

Iso si, a noveleta lese dunha sentada. O autor relata con axilidade a relación entre un adolescente xudeu -ao que abandonan, primeiro, a nai e, despois, o pai- e mais un tendeiro musulmán de práctica sufí. A desorientación do pícaro queda compensada pola protección do adulto, que na década dos 60, en París, establece con el unha relación de confianza, esperanzadora, nobre. Sen dúbida, estamos diante dun canto ao multiculruralismo, á tolerancia e a bondade rousseauniana.

O autor, Éric- Emmanuel Schmitt, vén ser o dramaturgo máis representado en Francia e un dos máis coñecidos no panorama internacional. Doutor en Filosofía, gañador de moitos premios, é visto con certo receo no país veciño, por se ter nacionalizado belga, supostamente para pagar menos impostos e virse engadir así a lista onde figuran Alain Delon, agora suízo, e Depardieu, nacionalizado ruso.

O señor Ibrahim e as frores lo Corán.

SCHMITT, Éric-Emmanuel, O señor Ibrahim e as flores do Corán, Faktoría K, Pontevedra, 2021, PVP. 11,40 €

Compartir el artículo

stats