Suscríbete

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Envolvente relato

Forma sinxela, contido profundo

Detalle da ilustración de portada de "A folla azul".

Desta volta o xurado da trixésimo edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, convocado por Edicións Xerais de Galicia, acordou por unanimidade outorgar o galardón á obra titulada A folla azul, unha novela que ten como escenario a Amazonia e como protagonista a Husu Aké, membro da tribo dos Tacaré, filla da Nai Terra e habitante do mundo verde e cuxa autora, Andrea Maceiras, xa coñecida no eido da literatura infantil e xuvenil por títulos como Europa Express, O que sei do silencio, Nubes de evolución, Volverás Golfiño ou Miña querida Sherezade, entre otros, e que aquí se nos revela como defensora dun modo de vida supostamente illada da civilización convencional, pero que amosa cultura e ciencia natural equiparable ás sociedades máis avanzadas.

A historia contada en primeira persoa por unha nena de nove anos envolve o lector dende o comezo cando coñecemos a súa familia, en especial a avoa Arumi, cando sabemos como viven e cando a acompañamos na aventura que decide emprender para salvar a súa tribo da afrenta do estraño, chámese home branco, codicia ou intereses económicos.

A procura da folla azul que salvará o pobo Tacaré leva a Husu a achegar ao seu poboado ao doutor João, a súa muller Katherine e ao seu fillo Tiago e con eles, ademais da curación dos doentes, a idea de que a preservación do patrimonio natural é un dos tesouros máis importantes que un pobo ha de manter, o que se converte nunha boa ensinanza para o lector mozo sensibilizado con estes temas e esta temática.

Logo a palabra vén obrar a maxia e así, entre ficción, superstición e realidade vai tecendo a autora coruñesa os fíos dun relato emocionante no fondo, sinxelo na forma pero profundo no contido.

MACEIRAS, Andrea, A folla azul (ils. Sonia García), Xerais, Vigo, 2021, PVP. 12,06 €

Compartir el artículo

stats