Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A construción do discurso liberal: as revoluciónsburguesas

Historia do pensamento (XXI)

Apartheid na Sudáfrica dos anos 60.

O 13 de febreiro de 1688 o Parlamento inglés aprobaba a Bill of Rigths, a lei pola que se declaraban “os dereitos e as liberdades dos súbditos do Reino de Inglaterra”, na que se realiza unha “vindicación e afirmación dos antigos dereitos e liberdades” inglesas, polo que se considera o precedente inmediato das declaracións de dereitos das revolucións burguesas posteriores, nas que a defensa das liberdades e da igualdade son a pedra angular do pensamento político liberal.

A invención do “home libre e igual”:O 4 de xullo de 1776 as trece colonias inglesas de América proclaman a súa independencia da Coroa e decláranse estados soberanos, o xermolo dos Estados Unidos de América. No preámbulo desa Declaración de Independencia, cuxa autoría atribúese nunha parte ben significativa a Thomas Jefferson -propietario de máis de 600 escravos e escravas na plantación de Monticello (Virginia)-, os asinantes, entre os que se atopaban, alén de Jefferson, Adams, Lee ou Franklin, sosteñen como verdades evidentes que “os homes son creados iguais” e que están dotados de certos dereitos inalienables, entre os que se atopan “a vida, a liberdade e a busca da felicidade”.

O 26 de agosto de 1789, pouco tempo despois da toma da Bastilla polo pobo de París o 14 de xullo de 1789, os representantes do pobo francés constituídos en Asemblea Nacional aproban a Declaración de Dereitos do Home e do Cidadán, que establece no seu artigo primeiro que “os homes nacen e permanecen libres e iguais en dereitos”, malia que a prosperidade das colonias francesas no Caribe (Santo Domingos, Guadalupe, Martinica, Dominica, Santa Lucía, Granada, Tobago... e a Guiana) e da Luisiana, se baseaaba no escravismo.

Mediante estas declaracións, os representantes dos pobos inglés, americano e francés, inventaron un “home libre e igual”, unha persoa xurídica suxeita dos dereitos de igualdade e liberdade que o pensamento liberal converteu en “Home universal”, malia que consagraba a escravitude e excluía a muller do dereito á cidadanía, como demostrou Olympe de Gouges, autora da Declaración de Dereitos da Muller e da Cidadá (1793), Condorcet, que defendeu a participación da muller na política, ou Mary Wollstonecraft, autora da Vindicación dos dereitos da muller (1792).

O “Home universal”: un mito fundacional do liberalismo: Certo, a pesr desa suposta universalidade, tal suxeito de dereitos nunca foi universal, xa que funcionou como unha ferramenta excluínte que apenas recoñeceu dereitos políticos ao home burgués e gran propietario, europeo ou eurodescendente e cishetereosexual e patriarcal; isto é, o suxeito de dereito do capitalismo triunfante nas revolucións iburguesas. E, en efecto, á marxe deses dereitos quedaban as mulleres, os homes traballadores, as poboacións indíxenas dos territorios colonizados, as persoas escravas..., que non gozaron dos mesmos dereitos políticos reservados para a elite até que os conquistaron logo de intensas loitas históricas protagonizadas polo movemento abolicionista, socialista, feminista, indixenista, anticolonial, antiimperialista...

Neste sentido, o liberalismo conviviu historicamente co escravismo, coa discriminación da muller, coa explotación das clases traballadoras..., xa que a única liberdade e igualdade que lle interesaba era a igualdade perante a lei -que a lei sexa a mesma para todo o mundo- e a liberdade para ofrecer libremente a única mercancía que posúe o traballador ou a traballadora: a forza de traballo ou capacidade para traballar. Porén, ese discurso liberal oculta que no “libre mercado” o intercambio é desigual e depende exclusivamente da posición de clase: posuidores de medios de produción e capitais ou desposuídos e desposuídas, que posúen exclusivamente forza de traballo.

Ora ben, o liberalismo, que segue a ter dificultades para aceptar a diversidade humana en igualdade, malia ser o discurso das clases dominantes que explota a diversidade para construír artificiosas desigualdades sociais no seu propio beneficio, converteuse no pensamento hexemónico na sociedade capitalista, o que paradoxicamente constitúe unha ameaza para a liberdade e a igualdade.

Escravismo, racismo e pensamento ilustrado

Declaración de infdependencia de EE UU, 1776.

Alan Parker no filme Mississippi Burning (1988) fai que a señora Pell lle diga ao axente Rupert Anderson, que estaba investigando a desaparición de tres activistas polos dereitos civís no tórrido ano 1964, o seguinte: “Ninguén nace odiando, ensínante. Na escola dicían que a segregación estaba na Biblia: Xénese 9, versículo 27. Aos sete anos se che din algo tantas veces chegas a crelo. Cres nese odio, vívelo, respíralo, casas con el...” Ora ben, que di ese versículo? “Estenda Deus a Iafet para que more nas tendas de Sem e que Canaán sexa o seu escravo”. Eis a maldición de Cam: os camitas foron designados por Iahveh para seren escravos.

Neste sentido, moitos devotos cristiáns, entre os que se atopaba o bispo Berkeley, que bautizou os seus propios escravos, fundamentou nesa maldición bíblica a superioridade racial branca e a xustificación do escravismo. Así mesmo, outros pensadores liberais como Jefferson, Voltaire, Hume ou Kant fundamentaron na superioridade moral e intelectual da “raza branca” a xustificación do escravismo, que nunca chegaron condenar, o que si fixeron Montesquieu, Concorcet ou Robespierre.

Paralelamente, científicos como Linneo, Buffon, Cuvier ou Gobineau, que estableceron a existencia de diferentes razas, déronlle ao discurso racista un aparente soporte científico

Fotograma de 'Arde Mississipi' (1988).

Compartir el artículo

stats