A TVG emite hoxe, ás 10.50 horas, “Juan José Rial, “O Perla”. A sabedoría do mar da Arousa”, un novo programa no que “Caderno de bitácora” se achega ata a ría de Arousa para divulgar o traballo dos bateeiros. Dirixido, presentado e escrito por X.H. Rivadulla Corcón e realizado por Producións Celta para a canle autonómica, os espectadores coñecerán a un dos pioneiros no cultivo do mexillón da Illa da Arousa, un dos sabios mariñeiros do mar galego.

As bateas son na ría de Arousa un sinal de identidade e xa non se entendería nin a paisaxe nin a vida se desapareceran. E centro da ría de Arosa é a Illa, de onde é Juan José Rial, un home de mar, mariñeiro e armador que transmite alegría e tamén a sabedoría do mar e que viviu toda a súa vida no seu lugar de nacemento, coa única excepción do servizo militar e uns meses nos que emigrou a Alemaña.

Para coñecelo un pouco máis, Rivadura Corcón fala tamén con outro sabio do mar, Manuel García “Carrán”, amigo dende a mocidade do “Perla” , e co neto Manuel Rial, que segue as ensinanzas do seu avó traballando nas bateas.

Juan José Rial empezou a ir ao mar aos 14 años na arte do cerco. Tras irse uns meses a Alemaña, ó seu regreso nos anos 70 meteuse nas bateas, case aos inicios desta industria. Sempre traballou coa familia e aínda que agora son un dos fillos e dous netos os que levan as bateas, el segue pendente de todo. Foi a súa vida e segue sendo. Precisamente por todo o que aportou á colectividade de Arousa e por ser dos primeiros en cultivar mexillón, o programa réndelle unha emotiva homenaxe rodeado da súa familia de dos seus amigos. Toda unha sorpresa para emocionalo.

Arantxa Toriza e a súa nai Justa pasean polo porto de Celeiro. Producións Celta

“O soño de Arantxa Toriza”

Por outra banda, a TVG programa mañá domingo, ás 11.50 horas, “O Clan das Mariñeiras” co capítulo “O soño de Arantxa Toriza. Capitana de pesca no mar do entusiasmo”. Tamén de Producións Celta para a canle autonómica e baixo a dirección de Rivadulla Corcón, a emisión aborda a vida desta muller, que hoxe é patroa de barco e capitana para o que tivo que vencer moitos prexuizos. Pescaba luras na ría de Viveiro co seu tío Alfonso, patrón de pesca, e agora goberna barcos no Gran Sol. Conta co apoio da súa nai, Justa, coa que pasea polo porto de Celeiro. O seu pai, que foi mariñeiro, morreu cando ela só tiña 7 años.

O soño de Arantxa é cambiar a realidade do mar e quere convertirse nunha recoñecida capitana de pesca en grandes buques. Ten unha sólida formación náutica que comenzou no primeiro barco no que traballou, “O Flecha”, palangreiro de Celeiro. Con varios dos seus tripulantes garda amizade. “O Clan das Mariñeiras” quere apoiala neste esforzo de cumprir o seu sono e por iso consideran que é capitana da constancia no mar do entusiasmo.