Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Xosé Luis Méndez Ferrín.

Os Camiños da Vida

Xosé Luis Méndez Ferrín

Rectificación

Xosé Gómez de la Cueva (1902-1937), escollera “Johan Carballeira” como pseudónimo literario. E así asinou os seus textos poéticos, narrativos, xornalísticos. Queixeime esoutro día, aquí, de que rúa ningunha de Vigo levase o nome de Johán Carballeira. Este, aínda estando unido fondamente a Bueu, nacera en Vigo e en Vigo viviu os anos de formación. Persoas amigas avisáronme de que eu non estaba no certo. E agora rectifico e pido disculpas. Existe en Bouzas, concello de Vigo, unha rúa de Johan Carballeira que se inaugurou coma tal nos tempos do alcalde Lois Pérez Castrillo. A figura histórica de Johán Carballeira percíbese nimbada pola traxedia e marcada polo crime político.

Johan Carballeira forma parte do continxente de xornalistas galegos asasinados polo réxime totalitario

decoration

Membro do Partido Galeguista, o Frente Popular fíxoo alcalde de Bueu, o franquismo asasinouno igual ca a outros alcaldes e concelleiros do Morrazo e de Galicia. Con Lustres Rivas, Víctor Casas ou Blanco Torres, Johan Carballeira forma parte do continxente de xornalistas galegos asasinados polo réxime totalitario. E insistimos no valor literario de Johan Carballeira, merecente de meirande atención crítica ca que se lle ten prestado. Si está ausente do rueiro de Vigo o nome de Teodosio Vesteiro Torres, aínda que lembramos vagamente un xardín na avenida de Castelao dedicado á súa memoria. Vesteiro naceu en Vigo no ano 1847 e suicidouse en Madrid no 1876. El sempre gardou no peito o seu amor por Vigo e por Galicia.

A min gustaríame que, no número 6 da Praza da Constitución da cidade natal do escritor, se fixase unha placa con esta inscripción: Aquí foi o obradoiro de artes gráficas de M. Fernández Dios no cal o ano 1878 se imprimiu postumamente o libro de Teodosio Vesteiro Torres “Monografías de Vigo”.

Antón Alonso Fontán, Antón de Meder, evocou con finos matices a presencia de Teodosio Vesteiro Torres no salón literario de Emilia Calé, escritora coruñesa, na calle de la Estrella de Madrid en días sombríos que precederon á primeira Restauración Borbónica. Aquel conciliábulo republicano e protonacionalista ao que asistiron figuras como Añón e Curros Enríquez, chamábase a si propio Galicia Literaria.

Compartir el artículo

stats