Chamoume a atención que alguén me falase de “vinos” a secas para referirse a unha parte do Vigo histórico. Pensei que ese título xa non existía. Porque da etapa de viños a esta, en Vigo Vello, houbo un lapsus de renovación. Unha nova vida. Nada de locais escuros perdidos en currunchos, onde un señor nos puña viño branco barato con azucre.

Agora a Universidade está en Vigo Vello. A sede do parque das Illas atlánticas, tamén. O centro de Down Vigo, pronto.Vigo Vello é onde a asociación Casco Vello celebra o Samaín, o Entroido, A Reconquista e os Mallos. Vigo Vello ten galería de arte, centro cívico, Deputación, albergue de peregrinos e parte dun castelo. E agarda a renovación do paseo de Alfonso e a Panificadora para ser un referente. Por suposto ten moitos locais de hostalaría. Sempre renovándose. Vigo Vello non é só o lugar onde os urbanitas acuden a tomar tres ou catro copas de máis. É un lugar vivo. E custou moito pasar a etapa de “viños”. Non custa nada dignificar a historia de Vigo. Chamar as cousas polo seu nome.