Os Faladoiros Literarios Feministas, organizados pola ConcellerÍa de Igualdade en colaboración coa Uned no marco do programa de actividades do 8M, arrincarán o vindeiro mércores 10 de marzo cunha mesa redonda protagonizada polas escritoras Iria Vázquez e Luz Darriba.

Tal e como avanza concelleira de Igualdade, Yoya Blanco, “a encargada de moderar esta mesa será a xornalista Ana López, de FARO, e nela presentaranse os libros “Cómplices, a violencia machista institucional” e “Abril”.

Inscripción

Para poder participar nesta xornada, que terá unha difusión internacional, é necesario inscribirse a través do enlace: https://extensión.uned.es/actividad. O libro ‘Abril’, de Luz Darriba, pon o foco na ditadura militar da Arxentina, que a autora nada en Uruguai viviu durante a súa mocidade, e nas consecuencias sociais e individuais que supuxo para toda unha xeración.

A artista plástica, que reside en Lugo desde 1990 e ten lazos familiares con Pontevedra, dá testemuña neste libro das vidas marcadas por aquela ditadura militar entre 1976 e 1983, e que levou ao asasinato, á tortura, ao encarceramento e tamén á desaparición de 30.000 persoas, e que practicou a apropiación sistemática de bebés e de menores.

A pesar da súa dureza, “Abril” é unha novela chea de esperanza que “tece entre Galicia e o río da Prata os fíos dunha manta que nos abeire e nos salve da barbarie dun pasado que esixe reparación e esperanza”, segundo reza a contracapa do libro.

Violencia do Estado

A novela “Cómplices. A violencia machista institucional” vén botar luz sobre un dos aspectos das violencias machistas menos estudado e tamén menos visible: a violencia que exerce o Estado a través das sÚas institucións sobre as mulleres que están en situación de violencia machista.

Eidos institucionales

A autora, Iria Vázquez, explora varios eidos institucionais, cos que tivo contacto directo, e convida a outras autoras, como Sheila Fernández Míguez (desde o eido xurídico), Olalla Villaronga Seoane (que achega unha perspectiva desde o eido rural), Lola Ferreiro DÍaz (desde o ámbito sanitario) e Ana Martínez González e Fedra Alcaraz Ladrero (ámbalas dúas traballadoras dunha asociación de parálise cerebral), a completar o panorama dunhas institucións que deberían acoller e defender ás mulleres violentadas polo machismo.

Este libro permite aproximar ao lector ao labirinto polo que pasan as mulleres en situación de violencia, analizando as forzas de seguridade, o eido xudicial, os servizos sociais ou o ámbito sanitario.

Segunda xornada

A segunda xornada dos Faladoiros Literarios Feministas desenvolverase o mércores 17 de marzo e terá como convidadas ás autoras Eva Mejuto e Elisabeth Oliveira, que presentarán as súas obras “A lavandeira de San Simón” e “Libres e Vivas”.

Nesta ocasión, o coloquio estará moderado pola xornalista Sara Vila.