Luis Davila bautiza a biblioteca do Sequelo

O colaborador de FARO da nome ao renovado espazo do colexio marinense

Os rapaces do colexio, con Luis Davila.

Os rapaces do colexio, con Luis Davila. / FdV

Aproveitando o 50 Aniversario do CEIP Sequelo de Marín, o centro decidiu bautizar á súa reformada biblioteca co nome do ilustrador gráfico de Bueu, e colaborador de FARO Luis Davila. Coincide esta elección co tema proposto pola Asesoría de Bibliotecas de Galicia onde se propoñia o traballar dende as bibliotecas escolares a banda deseñada. E así foi como os escolares do centro público recrearon a obra gráfica de Davila dende as súas particulares visións.

Durante o acto o debuxante estivo arrodeado de tódolos alumnos do centro que, moi interesados polo traballo do autor, asetearono a preguntas, alóngadose o acto durante case dúas horas, durante as cales o autor amosou en vivo e en directo a súa arte aos rapaces. Rematou o acto cunha entrevista ao autor na radio escolar.

A relación de Davila coa vila de Marín, máis alá da veciñanza da sua vila de Bueu coa marinense, remóntase como a de moitos buenenses da súa xeración, a ter estudiado no Instituto de Marín.