De facer bailar aos seus curmáns de nena a estrear espectáculo

A bailarina viguesa Eva Comesaña presenta a obra “Perder a lingua” na Sala Ártika

La bailarina Eva Comesaña estrena espectáculo en la sala Artika.

La bailarina Eva Comesaña estrena espectáculo en la sala Artika. / Ricardo Grobas

Mar Mato

Mar Mato

A viguesa Eva Comesaña bailaba dende pequena. De nena, ata montaba coreografías para os seus curmáns para faceren entre todos bailes. Pouco a pouco iría collendo máis e máis interese pola danza pasando polo hip hop, o ballet e o contemporáneo.Un día, decatouse de que era a súa “paixón” e xa non deixou de soñar con dedicarse a esta arte como profesional. Hoxe e mañá en Vigo, a súa casa, cumpre o seu soño coa estrea da peza “Perder a lingua”.

A cita é na Sala Ártika de Vigo esta fin de semana a partir das oito da tarde, e coas entradas a 14 euros.

Explica Eva Comesaña que o proceso de elaboración desta obra “xurdiu dunha creación da artista visual Eva Antelo, que estaba nun proxecto investigando sobre a liña que deixa unha persoa ao falar –a liña sonora– e a liña da paisaxe. Coincidimos nunha residencia artística en Camelle, na Casa do Alto. Púxenme en contacto con ela para facer algo”.

La bailarina Eva Comesaña estrena espectáculo en la sala Artika.

La bailarina Eva Comesaña estrena espectáculo en la sala Artika. / Ricardo Grobas

O resultado é “Perder a lingua”, con danza e música en directo. Respecto da música, de Rubén Fernández, esta é efectuada de xeito vocal con “loop station” e vai creando capas con sons. “É como unha viaxe sonora na que cada unha vai creando a súa linguaxe artística no transcurso da peza”, explica Comesaña para destacar os silencios, respiracións e sons guturais que se enlazan con música tradicional galega. Ao mesmo tempo, desde o corpo mudo sen lingua vaise construíndo un corpo “collendo imaxes do baile galego”, engade a creadora galega.

A paisaxe tamén ten grande importancia fixándose na contorna, nas montañas galegas, que se plasman na coreografía.

La bailarina Eva Comesaña estrena espectáculo en la sala Artika.

La bailarina Eva Comesaña estrena espectáculo en la sala Artika. / Ricardo Grobas

Recoñece Eva Comesaña que a peza de danza é unha “defensa do idioma”, o que constrúen bebendo da tradición co emprego da música en galego e coa observación “da liña de horizonte ata os costumes, o carácter da xente, o territorio, a xeografía”.

Comesaña sinala que é importante reflexionar que acontecería se non tiveramos o noso idioma; se no caso de que se perdera que acontecería.

A bailarina confía en que a peza poida rodar mesmo fóra de Galicia xa que se pode “extrapolar a calquera territorio”.