Sabela, que vén de situarse como favorita para ganar a actual edición de Operación Triunfo, protagonizou estes días un divertido momento tipo 'Lost in traslation' co seus profesores de interpretación, os famosos Javis.

A cantante estaba a falar cos dous cineastas sobre 'A sementeira', a canción popular galega que Fuxan os Ventos fixeran famosa ao final dos anos 70 -con letra de Lois Álvarez Pousa y música de Xosé Luís Rivas-, cando xurdiu a confusión.

Sabela utilizou a palabra "sementeira" con total naturalidade, probablemente sen se decatar de que é un vocábulo galego. Os Javis mostraron a súa confusión e fixeron un par de intentos de achar que quería dicir a concursante. Pero non, non se refería nin a un "cemiterio" nin a un "semental", como lanzaron os profesores. "¿No se dice semente aquí"?, preguntoulles estrañada, ao ver que non a entendían. Finalmente, colleron o concepto.