No Museo do Mar de Galicia, en Alcabre (Vigo), podése contemplar até finais de febreiro unha completa exposición dedicada á vida, obra e ligazóns culturais e artísticas do poeta Carlos Oroza (Viveiro, 13 de maio de 1923-Vigo, 21 de novembro de 2015) so o título En el norte hay un mar..., designación que evoca un dos versos do poeta e o título dun dos seus libros.