Choqueiros en acción! Fin de semana da Festa do Choco de Redondela

A XXXVII Festa do Choco celébrase na vila mariñeira entre hoxe e o domingo

O evento gastronómico está declarado de Interese Turístico de Galicia

A degustación na carpa na edición do ano pasado.   | // PABLO HERNÁNDEZ

A degustación na carpa na edición do ano pasado. | // PABLO HERNÁNDEZ / b. c. [redondela]

B. C.

Redondela é a raíña da pesca do choco dende fai máis de tres séculos. Este molusco identifica á localidade pontevedresa de tal forma que os redondeláns e redondelás tamén teñen, como xentilicio oficial, choqueiros e choqueiras.

A alcaldesa Digna Rivas, durante a presentación da feira.   | // RICARDO GROBAS

A alcaldesa Digna Rivas, durante a presentación da feira. | // RICARDO GROBAS / b. c. [redondela]

Por iso, cada ano, na primeira quincena do mes de maio, a vila homenaxea ao rei das súas cociñas, o seu ouro negro, coa Festa do Choco. Este 2024, a cita celébrase entre a tarde-noite de hoxe e o domingo, e as Xornadas Gastronómicas o fan dende o pasado día 6 e ata o 12.

A edición de 2023.  | // PABLO HERNÁNDEZ

A edición de 2023. | // PABLO HERNÁNDEZ / b. c. [redondela]

Igual que nos últimos anos, a empresa local Eurored é a encargada de engalanar as rúas para a celebración con redes e outros aparellos mariñeiros.

Así, a alcaldesa Digna Rivas quixo “agradecer a todas as persoas que fan posible esta festa, xa que a colaboración entre a veciñanza, os negocios locais e o Concello é moi importante para que esta festa gastronómica sexa un éxito e consolide a Redondela como un referente na promoción dos produtos do mar galegos. O choco é o noso produto por excelencia, somos coñecidos como choqueiros e choqueiras en todo o mundo, e iso é posible grazas ao gran traballo dos mariñeiros e mariñeiras da Confraría de Redondela que traen do mar este excelente produto”, engadiu Rivas.

Unha pesca que nesta época de ano disfruta do seu punto álxido, coa maior presencia e concentración do cefalópodo nas súas costas.

Así, milleiros de persoas de toda Galicia (pero tamén da Península, de España e Portugal) a visitan Redondela para desfrutar deste exquisito produto. Por algo a cita está incluida dentro das Festas de Interese Turístico Galicia.

Nesta festa, que comezou a celebrarse nos anos 80, premian a orixinalidade na elaboración de pratos cociñados a base de choco en diversas formas; na súa tinta, guisado, con arroz..., e por suposto, en empanada.

Ademais durante a Festa do Choco celébranse numerosas actividades, como actuacións musicais, showcooking e obradoiros, así como visitas guiadas á enseada de San Simón.

Programa variado e tradicional

Esta edición, para acompañar á parte gastronómica, conta cunha ampla e variada programación cultural, na que o público poderá desfrutar de actuacións musicais, baile e actividades durante os tres días de celebración.

Hoxe venres arrancará xa coa proposta local da Orquestra de Saxos ás 20h, e non faltará a verbena, coroada pola gran orquestra Combo Dominicano, ás 23h.

Mañá sábado 11 a carpa degustación abrirá ás 10.30 horas, mentres que ás 12 horas e media hai oco para a música tradicional coa actuación do grupo de baile y gaitas Airiños de San Simón.

A las 16.30 horas se celebrará a IX Scooterada Vespartana, xa un clásico imbatible nestas datas. Despois, ás 20.00 horas a formación Tanto nos Ten ofrecerá un concierto,e ás 23h será o turno de U2 Zen Garden, un conxunto italiano considerado a mellor banda tributo do grupo irlandés liderado por Bono.

Tras os clásicos With or Without you ou Sunday, Bloody Sunday seguirá a sesión DJ con Rodri Vegas & Enter, tamén locais.

O domingo 12, de novo a carpa abrirá ás 10:30h, e as 11:30h haberá un concerto da Banda de Música de Chapela, nunha nova aposta da Festa polo talento local e galego: “como facemos sempre, porque temos moitos e moi grandes artistas”, apuntou Rivas durante a presentación do evento.

Por iso, Ademais da música, o domingo ás 12.30 horas terá lugar a lectura do pregón a cargo do actor e presentador Rafa Durán, a quen segue a actuación de O Carballo das Cen Polas ás 13h. Finalmente, pechamos a xornada e a fin de semana grande cun concerto da Orquestra Gran Parada no Campo da Feira.