Trío formado polo baterista Emilio Atanes, o contrabaixista Álex Touceda e Sunil López ao piano, interpretarán temas de Ron Carter e de Andrew Hill, así coma composicións orixinais do baterista.

Despois da apertura e tras un breve intervalo dárase paso á Jam Session e así deste modo celebrar con todas as músicas e músicos presentes o Día Internacional do Jazz.