Trátase dun proxecto pedagóxico colaborativo de música e danza no que, alumnado do CMUS Profesional de Música de Vigo, do Conservatorio Superior de Música de Vigo e da Escola de danza Susana Castro, interpretarán obras de Adams, Daughtrey, Glass, Jodlowski, O´Meara e Smadbeck.

"Dende unha perspectiva diacrónica, o devir da estética musical é máis un camiño sinuoso cheo de viraxes que un sendeiro lineal e apracible. Consecuencia deste decurso é unha apaixonante gama de procesos musicais evolutivos e involutivos, os cales parecen alternarse ou superpoñerse de maneira caprichosa. Paradigmático desta situación foi o convulso último terzo do século XX, onde vangarda, neorromanticismo, minimalismo e poliestilización sucedéronse e coexistiron en tensión permanente, debuxando, non obstante, unha paisaxe caracterizada polo eclecticismo. Partindo destas premisas, o proxecto pedagóxico colaborativo «Ecos do posmodernismo» preséntase como unha mostra da pluralidade posmoderna finisecular e actual a través dunha mestura creativa de música e danza".