A asociación XUSTIZA E SOCIEDADE celebrará a súa asamblea ordinaria e ao rematar, ás 20h, teremos un concerto de Najla Shami, en solidaridade co pobo Palestino e en denuncia da masacre en Gaza.

No concerto haberá unha caixa para aportacións voluntarias (taquilla inversa) destinadas a asociacións que traballan en defensa do pobo palestino.

NAJLA SHAMI é vocalista e compositora galego-palestina. Filla de dúas culturas, interesouse pola música desde nena, iniciándose en grupos de música tradicional galega, percorrendo sonoridades de otras culturas, cun amplo aprendizaxe en técnica vocal e a súa pedagoxía, e achegándose ás súas raíces co canto árabe e a teoría da música oriental desde Xordania.

Agardamos encontrármonos ao berro colectivo de Stop xenocidio palestino!