Idades recomendada: + 13 anos

Duración: 85 min

Xénero: teatro documental

Idioma: Galego

SINOPSE:

O Péndulo é a nova montaxe de Inversa Teatro en coprodución co CDG, a MIT Ribadavia e a Area da Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra. Colabora o Concello de Negreira e o Concello de Vigo.

Unha obra de teatro-documento que nos amosa como se desenvolveu a sublevación militar de 1936 e o inicio da Guerra Civil en Galicia. Este achegamento á nosa historia colectiva faise desde o persoal. Marta Pérez, co-dramaturga e actriz, trasládanos a experiencia do seu bisavó, Tirso Gómez Freijido, natural de Ribadavia e residente na Cañiza. Membro do Partido Socialista, republicano e presidente da Casa do Pobo da vila. Tirso foi apresado e fusilado no ano 1936 no Castro de Vigo, xunto cos seus camaradas Justo Moure, Jesús Pérez e Antonio Mojón. Outro veciño da localidade, Benjamín Malvar, apareceu asasinado nunha gabia. Xunto con eles foi apresada tamén María Gómez, alcaldesa da Cañiza, pertencente a Esquerda Republicana, a única muller que exerceu ese cargo en Galicia durante a Segunda República. Esta última conseguiu salvarse do fusilamento no último momento, alegando un falso embarazo. Foi condenada a cadea perpetua e rematou vivindo en Lugo coa anarquista Urania Mella.

FICHA ARTÍSTICA:

Dramaturxia: Marta Pérez e Ernesto Is

Dirección e Espazo Escénico: Carlos Álvarez-Ossorio

Espazo Sonoro e Vídeo: Jesús Andrés Tejada

Construcción escenografía: Juan Bass

Interpretación: Nerea Brey , Rosa Puga Davila e Marta Pérez

Arquivo Fotográfico – Bacelar A Cañiza

Grafismo: Marieta R.

Produción: Marta Pérez

Prensa e comunicación: Nerea Brey, Samuel Merino, Carlos Crespo – Dito e Feito Comunicación

Edición libro: Edicións Positivas