11.00 h Sermón do Encontro e procesión dos Pasos.

Saída dos pasos dende a Capela da Misericordia até a Praza de San Fernando onde terá lugar o Sermón do Encontro. Orador: Rvdo.: D. Santiago Freire Comesaña, cóengo e párroco de Tui. A continuación procesión polas rúas da cidade.

Organiza: Irmandade do Docísimo Nome de Xesús e Santa Casa de Misericordia. Colabora: Asociación "Cristo da Agonía" - Antigos Voluntarios de Protección Civil de Tui.

18.00 h. Celebración da Paixón do Señor na S. I. Catedral

20:00 h. Sermón do Desencravo e procesión do Santo Enterro.

Na igrexa de San Domingos Sermón do Desencravo. Orador: Rvdo.: D. Santiago Freire Comesaña, cóengo e párroco de Tui. A continuación Procesión do Santo Enterro, que organiza tradicionalmente o Concello de Tui coa colaboración da Irmandade do Docísimo Nome de Xesús e Santa Casa de Misericordia, polas rúas da cidade ata a igrexa parroquial de San Francisco.