Souvenir

Ficha artística e técnica:

Dirección, dramaturxia e interpretación: David Alonso e María de las Llanderas

Deseño de iluminación e escenografía: Violeta Martínez

Deseño e confección de vestiario: Carmen Triñanes e Daniela Rodas

Espazo sonoro: David Alonso

Asesoría de movemento: Olga Cameselle

Deseño gráfico: María de las Llanderas

Deseño logotipo Souvenir: Laura Merchan

Fotografía e vídeo: Iria Casal

Construción de escenografía: Daniel Rodríguez

Produción: Sabela Ramos

Distribución: Mar Alonso

Asesoría de comunicación: The Office Comunicación

Dirección técnica en xira: Violeta Martínez

Técnico de son e audiovisuais: Sol Álvarez

Co apoio da AGADIC e coa colaboración de ACT Galicia.

David e María vestidas para ir de vacacións, preséntannos o

espectáculo que imos ver.

Non é unha canción, pero é algo parecido. Algo pasa entre elas, pero non é posible entender o que. Non é pasalo ben, nin pasalo mal, pero é algo parecido. Algo raro lle sucede ao espazo ou está o espazo a facer algo raro con David e María? Non é un espectáculo, pero é algo parecido.

Souvenir é unha compañía galega de teatro contemporáneo e artes do movemento dirixida por David Alonso e María de las Llanderas.

A súa primeira peza ‘O que é o raio nin maldita idea’ foi premiada no V Festival Pezas dun Teatro do Porvir, Galiza + Portugal (2022) organizado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). En xaneiro de 2024 estrean no Teatro Rosalía Castro da Coruña o seu novo espectáculo ‘Non é unha canción’ producido co apoio da AGADIC. Neste traballo, Souvenir explora o universo do

turismo de masas e a intelixencia artificial a través do seu particular humor acedo e absurdo.

Souvenir é un espazo de encontro e de experimentación lúdica. Interésanos aquilo que está fóra do entendemento racional e da lóxica psicolóxica. A intuición, o azar, as artes do movemento e a súa combinación coa palabra son algúns dos eixos que vertebran o noso traballo. Procuramos unha forma de estar no mundo improdutiva, inútil e festiva. Tamén nos encanta recoller estímulos accidentais da rúa, aos que chamamos souvenires, e que son a materia prima das nosas pezas.