Unha taberna e ultramarinos "de toda a vida" que presta especial atención ós productos ecolóxicos e de comercio xusto

O negocio "A Tabertenda", ubicado en Salceda de Caselas, é unha aposta polo comercio de proximidade, un lugar onde atopar os produtos de sempre con garantía de responsabilidade ecolóxica. Entre a súa oferta hai numerosos artigos de comercio xusto e, ademáis, dan preferencia ó artesán, coidando a calidade e a economía local.

Porén, non só é unha tenda. A Tabertenda, como o seu nome indica, é tamén unha "taberna". Teñen servizo de bar, con viños, refrescos, cervexas artesás, cafés ou infusións. Calquer consumición vén acompañada dun saboroso pincho, que a clientela califica de "xeneroso".

As bebidas ecolóxicas tamén están presentes na súa faceta bar. Pódese optar por zumes con produtos naturais e teñen variedade de kombuchas, unha bebida fermentada que se prepara con té, azúcar, bacterias e levaduras.

A Tabertenda é un sitio onde pasar un bo rato, a exquisitez dos seus produtos é proporcional ao saber facer do seu persoal, sempre con agradable trato á súa clientela.