Apertura de portas: 20.30 h.

Acceso menores: Prohibida a entrada a menores de 6 anos. Os menores entre 7 e 17 anos, ambos inclusive, poderán acceder ao recinto pagando a entrada correspondente e acompañados dun adulto responsable.

Carlos Goñi naceu no barrio madrileño das Ventas en 1961.

Con tan só 18 anos empezou a súa carreira musical como compositor e guitarrista; tras varias formacións )(Garaje y Comité Cisne), decide iniciar o seu camiño en solitario: desde este momento él levaría as riendas da súa carreira.

En xaneiro de 1989, Carlos Goñi funda e ficha pola compañía multinacional Warner Music Spain. Ao longo dos anos e ata a actualidade, Revólver convertirase no sello de identidade de Carlos Goñi, sirvindolle a modo de seudónimo á hora de publicar os seus álbumes.

En 1993, e producido por Mick Glosopp, decide gravar o primeiro "unplugged" da música en España. Revólver Básico representa o trampolín definitivo a carreira de Carlos Goñi, con máis de 250.000 copias vendidas e unha xirta de máis de 100 actuacións.

Unha carreira prolífera chea de éxitos, boas cancións e bos directos que fixeron de Carlos Goñi (REVOLVER) un dos artistas españois máis emblemáticos.

A súa versatilidade e bo facer nos escenarios fai que poida encher aforos só coa súa guitarra como demostrou na súa xira "A solas" (2007), así como tamén acompañarse doutros músicos (baixo, batería, teclista, coristas, metais, etc.) para amosar o seu directo máis potente.

Entre as súas cancións máis populares atópanse "El roce de tu piel", "Si es tan sólo amor", "Dentro de ti" (canción adicada á cidade de Valencia), "Esclavo de tu amor", "Mi rendición", "Calle Mayor", "El dorado", "San Pedro", "El faro de Lisboa" etc. todas elas de importante influencia na historia reciente da música española. En publicidade, Mahou utilizou un tema para un spot dunha das súas grandes campañas, "Mahou 5 estrellas" de feito, esta canción formou parte do seu repertorio durante todos estes anos.

Hoxe en día con máis de 1.500.000 copias vendidas, sigue renovándose e facendo discos que lle saen do corazón prescindendo de tendencias e modas.

O seu traballo "Argán", gravado integramente en Marrakech con colaboracións de músicos Marroquíes, é un exemplo máis da súa inquietude musical. Productor, arreglista, compositor, guitarrista e cantante: un músico completo que ten, sen dúbida, moitas cosas que dicir.

Por último, froito da etapa de pandemia, xurdiu en 2023 «Adictos a la Euforia», o cal foi número un en vendas físicas na súa semana de lanzamento. Presentou como unha auténtica declaración de intencións e cuxo resultado foi un álbum contundente e sen nostalxia que invita a ver as cosas dende outro lugar.