Baixo o título xenérico de Merendolas feministas, o Ateneo Atlántico inaugura un novo modelo de actividade participativa. Trátase, simplemente, de xuntármonos para falar dun tema que nos afecte directamente arredor dunha merenda que nós traemos. Para esta primeira ocasión pensamos falar arredor da Sexualidade feminina. Animádevos a participar! Será o mércores 20 de marzo, a partir das 19.30 no local do Ateneo.

Vivir e inventar van da man. Algo así como comer e disfrutar. E como ter e partillar…

Non sí?

Pois as ateneas convidámosvos a poñer a proba este noso invento:

Atopármonos para disfrutar dunha merendola ao tempo que partillamos inquietudes, ou mesmo ledicias.

Nesta primeira vez propoñemos facelo no espazo Ateneo en doutor Cadaval as sete da tarde para falarmos de Sexualidade feminina.

Quen se anima a inventar con nós?

Poñeremos té e café, traede algo rico para acompañar.